Cas | Gal

Augardentes e licores ecolóxicos

En Alicornio Organic Spirits producimos dous grupos diferenciados de bebidas espirituosas. Por un lado, os licores, e polo outro, as augardentes.

Dentro da gama de licores dispomos, neste momento, dun abano de sabores que inclúen: a framboesa, o arando con xenxibre, a laranxa con herba luísa, o café ou as herbas. En canto ás augardentes, destilamos augardente branca e augardente de limón.

Os nosos produtos elaborados ata o momento son:

Ver ficha Augardente de oruxo ecolóxico

Augardente de oruxo ecolóxico

Ver ficha Licor de laranxa e herba luísa ecolóxico

Licor de laranxa e herba luísa ecolóxico

Ver ficha Licor de herbas ecolóxico

Licor de herbas ecolóxico

Ver ficha Licor de framboesa ecolóxico

Licor de framboesa ecolóxico

Ver ficha Licor de arandos e xenxibre ecolóxico

Licor de arandos e xenxibre ecolóxico

Ver ficha Licor café ecolóxico

Licor café ecolóxico

Ver ficha Augardente de limón

Augardente de limón

Outros produtos Alicornio

Alicornio Organic Spirits elaboramos produto ad hoc para empresas. Dentro deste servizo ofrecemos tres modalidades:

• Destilacións de bagazo do propio cliente para a elaboración de augardentes brancas, o cal inclúe todo o proceso de elaboración ata a entrega do produto final.

• Por/para. Ofrecémoslles ás empresas a personalización do noso produto baixo a súa etiqueta para o seu posible uso como agasallo de empresa, aniversarios de empresa, cestas de empresa de Nadal…

• Elaboracións de receitas do cliente a partir dos nosos destilados, o cal inclúe todo o proceso de elaboración ata a entrega do produto final baixo a etiqueta do cliente.

Contacte connosco a través de calquera dos medios que poñemos á súa disposición. Estaremos encantados de aclararlle calquera dúbida que lle poida xurdir sobre estes servizos.