Cas | Gal

Proceso de elaboración dos licores e augardentes Alicornio

Sistema de destilación tradicional e artesán

En Alicornio Organic Liquors destilamos de forma artesanal, mediante alambiques tradicionais de cobre, pequenas partidas de bagazos seleccionados, sendo artífices de todos e cada un dos procesos de elaboración ata ter o produto embotellado, etiquetado e listo para a súa venda.

Licores Alicornio
Licores Alicornio

Selección do mellor bagazo

Traballamos con bagazos de uva seleccionados (Albariño, Godello, Sauvignon Blanc, Mencía, Treixadura, Verdejo...). Recollemos os bagazos ao pé da adega e asegurámonos da súa correcta almacenaxe e de que o produto chegue en condicións óptimas ao proceso de destilado.

Destilación monovarietal, controlada e selectiva

Xa na nosa destilería, extraemos a fracción máis fina e aromática do oruxo: os corazóns. Tan só é seleccionado o destilado cun grao alcohólico comprendido entre 75–50 % Vol. Unha vez separada por variedades (Albariño, Godello, Sauvignon Blanc, Mencía, Treixadura, Verdejo...) e realizados os controis analíticos preceptivos, esta fracción gárdase en depósitos de aceiro inoxidable individuais para o seu afinamento, o redondeo e o seu posterior uso como base da elaboración das augardentes e licores.

Licores Alicornio
Licores Alicornio Licores Alicornio

O segredo dos aromas, sabores e cores únicos de Alicornio Organic Liquors

Todos os nosos licores e augardentes, xa sexan producidos:

• Por destilación, como o Alicornio de Limón.

• Por maceración en frío, como o Licor de Herbas Ecolóxico Alicornio, o Licor de Framboesa Ecolóxico Alicornio ou o Licor de Arandos e Xenxibre Ecolóxico Alicornio.

• Por destilación-maceración en frío, como o Licor Café Ecolóxico Alicornio.

• Por destilación-maceración en frío-destilación, como o Licor de Laranxa e Herba luísa Ecolóxico Alicornio.

Teñen o denominador común de estar elaborados con froitas, café, especias e herbas aromáticas naturais; sen emprego de esencias, extractos, aromas, edulcorantes ou colorantes artificiais que intenten imitar a honestidade dos sabores, olores e virtudes alimentarias reais.

Outro factor diferenciador de Alicornio Organic Liquors estriba en que, en función do carácter que lle queiramos imprimir a cada licor, apostamos por un tipo ou outro de destilado mono-varietal, como é o caso do Licor de Framboesa Ecolóxico Alicornio (con destilado de Albariño) ou por un destilado poli-varietal, como sucede co resto dos licores Alicornio, onde cada un achega uns matices particulares.

Sen présas. Na nosa destilería, as maceracións caracterízanse por ser longas e demoradas, o que redunda na calidade e riqueza organoléptica do produto final.

Alicornio Organic Liquors: frescor, dinamismo e estilo propio nunha botella

Embotellar e etiquetar son procesos nos que intentamos transmitir unha forma de entender e de facer as cousas. Por iso, a botella de Alicornio Organic Liquors pon de relevo o valor das orixes sen que isto implique ancorarse no pasado. Sinxeleza e honestidade xunto co atrevemento e a renovación. A busca dun camiño propio.

Licores Alicornio