Cas | Gal

Produción de augardentes e licores ecolóxicos

Equipo de Alicornio Foto Alambiques Foto Alambiques

Alicornio Organic Liquors somos unha destilería que Belén e Iñaki, dous emprendedores novos apaixonados polos licores de produción artesá, puxemos a andar no ano 2014.

Ubicámonos nun entorno rural, no concello de Sarreaus en Ourense, no suroeste de España, e dedicámonos á produción de augardentes e licores artesáns, tradicionais e ecolóxicos.

Pensamos que a nosa maior singularidade -e tamén un dos nosos puntos fortes- consiste no control que exercemos sobre todo o proceso de produción: dende a recolla do bagazo e almacenaxe nas adegas ata a súa destilación nas nosas instalacións; tarefa para a cal empregamos alambiques tradicionais.

Ademais, en Alicornio Organic Liquors temos a nosa propia produción de froitos -como poidan ser framboesas ou arandos- e herbas aromáticas e medicinais. Os produtos ecolóxicos cultivados con todo mimo nas nosas terras empregámolos para a obtención dunha calidade óptima nos nosos licores artesáns.

Contacte connosco a través de calquera dos medios que poñemos á súa disposición. Estaremos encantados de aclarar calquera dúbida que lle poida xurdir acerca dos nosos licores, así como para a súa adquisición.

Produción ecolóxica

Para nós, producir en ecolóxico é un xeito de compromiso co medio. O selo certificador de produción ecolóxica non só está trasladando ao consumidor que o produto que consome goza das mellores características en canto á calidade dos ingredientes, á trazabilidade dos mesmos e ao produto final, senón que tamén é a mellor garantía de que detrás da produción e, polo tanto, do consumo deses produtos, existe todo un compromiso co medio natural e toda unha filosofía de vida baseada no respecto e a potenciación da calidade alimentaria.

Desfrute do espírito natural de Alicornio

Productos - Alicornio Organic Liquors

Os nosos produtos ecolóxicos

Augardente de limón

Augardente de limón

Licor de laranxa e herba luísa ecolóxico

Licor de laranxa e herba luísa ecolóxico

Licor de herbas ecolóxico

Licor de herbas ecolóxico

Licor de framboesa ecolóxico

Licor de framboesa ecolóxico

Licor de arandos e xenxibre ecolóxico

Licor de arandos e xenxibre ecolóxico

Licor café ecolóxico

Licor café ecolóxico