Cas | Gal

Augardentes e licores ecolóxicos

En Alicornio Organic Liquors producimos dous grupos diferenciados de bebidas espirituosas. Por un lado, os licores, e polo outro, as augardentes.

Dentro da gama de licores dispomos, neste momento, dun abano de sabores que inclúen: a framboesa, o arando con xenxibre, a laranxa con herba luísa, o café ou as herbas. En canto ás augardentes, destilamos augardente branca e augardente de limón.

Os nosos produtos elaborados ata o momento son:

Ver ficha Augardente de limón

Augardente de limón

Ver ficha Licor de laranxa e herba luísa ecolóxico

Licor de laranxa e herba luísa ecolóxico

Ver ficha Licor de herbas ecolóxico

Licor de herbas ecolóxico

Ver ficha Licor de framboesa ecolóxico

Licor de framboesa ecolóxico

Ver ficha Licor de arandos e xenxibre ecolóxico

Licor de arandos e xenxibre ecolóxico

Ver ficha Licor café ecolóxico

Licor café ecolóxico

Outros produtos Alicornio

Alicornio Organic Liquors elaboramos produto ad hoc para empresas. Dentro deste servizo ofrecemos tres modalidades:

• Destilacións de bagazo do propio cliente para a elaboración de augardentes brancas, o cal inclúe todo o proceso de elaboración ata a entrega do produto final.

• Por/para. Ofrecémoslles ás empresas a personalización do noso produto baixo a súa etiqueta para o seu posible uso como agasallo de empresa, aniversarios de empresa, cestas de empresa de Nadal…

• Elaboracións de receitas do cliente a partir dos nosos destilados, o cal inclúe todo o proceso de elaboración ata a entrega do produto final baixo a etiqueta do cliente.

Contacte connosco a través de calquera dos medios que poñemos á súa disposición. Estaremos encantados de aclararlle calquera dúbida que lle poida xurdir sobre estes servizos.